Cervo, 22 de marzo, 2021. Con motivo do Día Forestal Mundial-Día da Árbore, o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programou unha actividade didáctica entre o alumnado dos dous colexios da localidade baixo o título “unha árbore, un fogar”; que tivo unha gran acollida entre as crianzas, xa que nos fixeron chegaron máis de 60 composicións nas que expresan como ven eles/as a gran “familia” que vive ao redor dunha árbore.
Pois ben, no día de hoxe, quixemos continuar con outra actividade relacionada con esta efeméride pero, neste caso, dirixida aos nosos maiores.
Así a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse esta tarde ata o Centro de Día Residencia de San Cibrao para entregarlles ás persoas usuarias e ao cadro de persoal, unha vintena de plantas de interior e de exterior que, ademais do seu valor estético contribuirán a mellorar a súa calidade de vida, creando espazos para a relaxación e a estimulación dos seus sentidos.
O valor ecolóxico das plantas é fundamental, pois ademais de proporcionarnos oxíxeno, actúan como filtros dos contaminantes do aire a auga, protexen e fertilizan o solo, regulan a temperatura ou minoran o quecemento do planeta.
Agardamos pois que a familia do CDR desfrute moito destas plantas que
eles/as mesmos/as coidarán e dos espazos únicos que de seguro crearán alá onde as pousen.