Burela, 3 de marzo, 2021. Cristina Pérez xa recibirá hoxe o alta na clínica San José de Alcantarilla tras o seu paso exitoso polo quirófano. A pivote murciana foi sometida onte a unha artroscopia do seu xeonllo dereito, a cargo do doutor García Zafra, coa colocación ademais dunha plastia extraarticular de Lemaire, para tratar a inestabilidade da zona.
A 5 do Pescados Rubén Burela FS, que sufriu rotura de ligamento cruzado anterior e ligamento colateral medial deste xeonllo en 2019, seguirá este novo proceso de recuperación dos próximos meses na súa terra natal.