Site icon Crónica3.com A Mariña

O “stand amarelo” chega este xoves a Viveiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, retoman en 15 concellos galegos a campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”, logo de suspendela en 2020 por mor do confinamento.

Viveiro é un dos concellos que se suma este reto e este xoves de 8 a 15 h., terá a visita do stand amarelo e o equipo da campaña durante a celebración da feira (Travesía da Marina).

Unha mellora do 10% e un premio de 2.000 euros.
Este reto, convocado do 1 de febreiro ao 30 de abril, parte dunha premisa moi sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección.

Segunda edición, 15 concellos
Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.
A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía
Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.
É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.
En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.

Sobre Ecoembes
Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.

Exit mobile version