Cervo, 17 de marzo, 2021. O vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial-Día da Árbore; unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente.
Deste xeito promovemos unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título:
UNHA ÁRBORE, UN FOGAR
Unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como:
Paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou mesmo outras plantas máis pequenas que se desenvolven ao longo da súa estrutura .
Unha árbore está habitada dende a copa ata a raíz!
Como imaxinas esta familia?
Móstranolo a través dun debuxo.Os traballos serán recollidos este xoves 18 de marzo nos colexios do concello.
#díaforestalmundial #díadaárbore