Site icon Crónica3.com A Mariña

Caída a web municipal de Viveiro

Viveiro, 11 de marzo de 2021. O goberno local informa que a web municipal do Concello de Viveiro non funciona actualmente, estando previsto que poida tardar uns días en recuperar o funcionamento habitual.

A web municipal de Viveiro estaba aloxada nun servidor da empresa OVH, unha das compañías de internet máis grandes a nivel mundial. Esta empresa tiña un novo edificio en Estrasburgo, que foi afectado polo ataque informático sufrido nos últimos días por diversos centros e entidades.

Dende dita empresa estase a traballar para poder recuperar o antes posible a información das páxinas webs afectadas, entre elas a do Concello de Viveiro.

Dende o Concello de Viveiro, pídense desculpas polas molestias que este feito poida ocasionar. Porén, recórdase que a Sede Electrónica do Concello non se viu afectada, polo que a veciñanza pode continuar accedendo a ela na seguinte dirección: https://viveiro.sedelectronica.es/

Exit mobile version