Ribadeo, 14 de marzo, 2021. Na tarde deste sábado, o atleta ribadense desprazábase á pista de atletismo de Expourense para participar no Campionato Galego sub16 de atletismo en pista cuberta.
Nesta ocasión Brais participaba na disciplina de lanzamento de peso, cun inmellorable resultado, Campión galego da especialidade.
Brais dominaría a proba dende o primeiro lanzamento, establecendo un mellor rexistro de 12,24 m., marca que ademais de darlle a medalla de ouro, suporía establecer unha nova mellor marca personal.
Con este resultado, resárcese en certa medida, do percance que tivera duas semanas antes no Campionato galego de lanzamentos longos, dándolle moitos folgos para seguir con este deporte e adestrando pese á dificultade que supón vivir a case 100 km dunha pista de atletismo.