Son documentos moi útiles, de fácil lectura e comprensión, cos que se pretende, por unha banda, poñer o acento nas medidas de prevención necesarias para evitar contaxios nos centros de traballos e, por outra banda, dar pautas para que, en caso de contaxio, ofrecer unha resposta áxil e ordenada e sempre segundo os criterios da autoridade sanitaria.
Balseiro interésase sobre que medios están previsto empregar para multiplicar a difusión desta información e cal e o contido específico das guías elaboradas.
Na súa pregunta Balseiro tamén pregunta por outras iniciativas nas que traballa e traballou o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ao longo destes últimos meses para seguir avanzando en medidas que aposten pola prevención e o apoio a todos os traballadores e traballadoras de Galicia.
O Parlamentario popular sinala que está actuación súmase ao labor que está a desempeñar a Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Issga, para posibilitar a reactivación económica coas máximas garantías de seguridade en todos os centros de traballo de Galicia.
Segundo o deputado popular o reto do Goberno galego é seguir avanzando en medidas que aposten pola prevención e o apoio a todos os traballadores e traballadoras de Galicia, para garantir a estabilidade económica e o mantemento do emprego na nosa comunidade.