Desde a Concellería de Medio Ambiente explicaron que “fixemos tres actividades: unha charla en formato power point na que insistimos na necesidade de separar os residuos nos distintos contedores, a regra dos 3R, o Punto Limpo, e a diferenza entre residuos orgánicos e inorgánicos. A segunda actividade foi a realización dunha manualidade a partires de material de reciclaxe, en concreto convertemos dúas latas usadas nun par de zancos, e para iso só precisamos pintura e corda. Por último xogamos ao xogo do Mundo Verde, un xogo similar á mítica Oca, con preguntas relacionadas coa reciclaxe”.