Site icon Crónica3.com A Mariña

Artesanía e saber tradicional, a proposta de Mondoñedo para esta Semana Santa

Mondoñedo, 26 de marzo, 2021. O Concello de Mondoñedo aposta pola artesanía e o saber tradicional e así colabora na promoción dos artesáns da localidade.

Nestas datas da Semana Santa do ano 2021 estarán abertos e con atención ao público todo o grupo de artesáns de Mondoñedo.

Obradoiros con actividades, zona de tenda e demostracións con reserva previa en todos os locais de artesanía da cidade.

Traballos en la, ceramistas, monicreques, canteiro, arte en ferro, serigrafía, palleteiro e zoqueiro estarán activos nestes días cara ao público e sempre baixo o estrito cumprimento das medidas anti Covid-19 indicadas polas autoridades sanitarias.

Exit mobile version