Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprendendo a sementar no Ceip Virxe do Carme de Burela

Burela, 11 de marzo de 2021. Alumnado de 6º de Primaria do Ceip Virxe do Carme participou onte pola mañá nunha actividade coas monitoras de Gaia, do Concello de Burela, cultivando un sementeiro con diversas hortalizas como cabazas, cabaciñas, acelgas, cenorias ou pementos, entre outras.

As monitoras explicáronlles que “as plantas son organismos vivos que viven fixas ao substrato e que constan de raíces, talos e follas. As flores son os seus órganos reprodutores e utilizan as sementes como sistema de dispersión, que ao xerminar darán lugar a novas plantas”.

Tamén lles comentaron que “é moi importante abonar a terra con compost (abono orgánico de orixe vexetal que contén nutrientes útiles para as plantas) e regar o necesario”.

Cada alumno/a cultivou nunha maceta a semente dunha hortaliza que posteriormente será transplantada a un pequeno horto que o colexio vai crear nos xardíns do centro.

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, remataron entregando un caderno de campo, que deberán cubrir nas aulas no que consta unha ficha de cultivo de cada especie (nome da planta, características, orixe das sementes, data na que se sementou e transplante, abono utilizado e a frecuencia coa que se rega).

Desde a Concellería de Medio Ambiente subliñan que “con estas actividades preténdese que o alumando aprenda o proceso do cultivo dende que se xermina hasta que se plantan na horta varias hortalizas dunha forma ecolóxica e os beneficios das mesmas”.

Exit mobile version