Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense; Patricia Doural, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá; Silvia Fiallega como representante de Rede Museística, e Carmen Rey, directora do CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, Mariajo Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.
A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.
A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela, pero sentida e necesaria. Estas mulleres conforman o tecido matriarcal que pon en marcha a vida aquí e noutras latitudes desde sempre.