Este venres, 19 de marzo está previsto o encontro entre o Burela FS e a AD Alcorcón FSF. É a primeira vez que as campioas do Burela vólvense medir ás guerreiras amarelas tras as semifinais da Copa da Raíña 2019-2020. As “alfareras” plantaron cara tamén ao equipo na Final do Play-Off da liga. Rivais na cancha, pero compañeiras na promoción da Igualdade, as xogadoras teñen previsto facerse unha foto conxunta cunha mensaxe de empatía que publicarán nas súas redes sociais.