Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros na súa campaña do Día do Pai, que se desenvolverá do 5 ao 19 de marzo

Foz, 4 de marzo de 2021. AciaFozCCA sorteará 1.000 euros na súa campaña do Día do Pai, que se desenvolverá do 5 ao 19 de marzo.
As persoas que realicen estes días as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA que participan nesta cita, entrarán no sorteo de 20 vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.

O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 24 de marzo.
AciaFozCCA continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé.

O presidente, José Carlos Paleo, anima “a facer as compras para o Día do Pai e San Xosé no comercio de Foz e a celebralo na hostalería local, de xeito seguro e cumprindo coa normativa sanitaria vixente en cada momento”.
Colaboran con esta campaña Concello de Foz, Impulsa Foz e Xunta de Galicia.

Exit mobile version