Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA organiza unha nova edición da campaña Comercio na Rúa esta Semana Santa

Foz, 26 de marzo de 2021. AciaFozCCA organiza unha nova edición da campaña Comercio na Rúa, que se desenvolverá durante esta Semana Santa.

Os 31 establecementos comerciais que participan nesta iniciativa ofrecerán descontos especiais nas rúas focenses e no caso de mal tempo realizarán eses descontos no interior dos locais. Esta nova edición de Comercio na Rúa levarase a cabo o mércores, 31 de marzo, e o xoves e sábado, días 1 e 3 de abril.

Os comercios que ofrecerán eses interesantes descontos son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din e Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, N1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela.

O xoves, 1 de abril, a Charanga Santa Compaña, da Coruña animará coa súa música as rúas de Foz.

Colaboran na organización desta campaña no comercio focense: Impulsa Foz, Concello de Foz, Comercio Seguro e Xunta de Galicia.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, salientou que “volvemos levar a cabo esta iniciativa co obxectivo de impulsar o comercio local nunha Semana Santa diferente. Queremos incentivar as compras con importantes descontos que beneficien aos nosos clientes, aproveitar para liquidar stock e para dar a coñecer todas as propostas para a tempada de primavera-verán e queremos animar á xente á disfrutar dunha nova edición da ruta das tapas”.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, indicou que “o Concello colabora con AciaFozCCA coa ambientación musical da que disfrutaremos o 1 de abril. A Charanga Santa Compaña percorrerá desde as 12 do mediodía as rúas da nosa vila. Agardamos que a xente se anime a vir a mercar a Foz eses días e que o fagan respectando todas as medidas sanitarias vixentes en cada momento”.

Exit mobile version