A obra, editada polo Servizo de Publicacións, relata o afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Santa María Magdalena en augas da ría viveirense en 1810 e culmina as actividades organizadas para a conmemoración do bicentenario do suceso en 2010. “Viveiro 1810, augas mortais é unha publicación que realiza unha función primordial de divulgación ao poñer en coñecemento de toda a cidadanía uns feitos que non deben caer no esquecemento e deben permanecer na nosa memoria colectiva”, sinalou Maite Ferreiro na presentación na que interviu xunto ao propio autor, Primitivo Marcos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o cronista oficial de Viveiro Carlos Nuevo Cal. O acto, celebrado no concello, contou coa presenza de concelleiros e concelleiras de todos os grupos municipais
A vicepresidenta Maite Ferreiro tamén participou este sábado na presentación do libro-cómic “Viveiro 1810, augas mortais” de Primitivo Marcos en Viveiro
A vicepresidenta Maite Ferreiro tamén participou este sábado na presentación do libro-cómic “Viveiro 1810, augas mortais” de Primitivo Marcos en Viveiro
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”