Os concellos incluídos dentro desta comarca son: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Trabada, A Pontenova, A Lourenzá, Mondoñedo, Sober, Alfoz, O Valadouro e Ourol. No conxunto de Galicia, o número de tarxetas emitidas é de 22.000, nas se leva investido 14,5 millóns de euros.
A Xunta ampliou a Tarxeta Básica ata xuño do ano 2021, cunha vixencia máxima de nove meses por tarxeta. O importe desta axuda depende do número de membros da unidade familiar. No caso dos fogares unipersoais a axuda é de 150 euros mensuais, para os fogares con dous membros é de 200 e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300 euros mensuais.
Axuda áxil, que non estigmatiza
Trátase dunha actuación pioneira que busca dar unha resposta áxil e urxente ás familias, xa que o seu período máximo de tramitación é de 72 horas desde que se solicita. O seu obxectivo é prestar apoio na compra de produtos básicos de alimentación, hixiene e farmacia.
Por outro lado, esta tarxeta representa unha actuación coordinada ao implicar na súa xestión á Xunta, aos servizos sociais municipais e ás entidades sociais como Cruz Vermella, encargada da súa tramitación. Ademais, non estigmatiza xa que ao ter forma de tarxeta de crédito que se recarga mes a mes, os seus usuarios non teñen que facer colas nin acudir a un establecemento específico para obter os produtos.