Viveiro, 26 de marzo, 2021. O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela a noite do sábado ao domingo a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra cada 27 de marzo, expresando desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.
Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulleres con Endometriose’, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de amarelo, a cor representativa desta enfermidade. O Concello súmase á iniciativa co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza, que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil (unhas 60.000 galegas).