A situación actualo da pandemia veu de agravar a precariedade que aínda permanecía latente nun sector do mundo do traballo desde a derradeira crise económica do ano 2008, aumentando a bolsa de pobreza e as dificultades para acceder ou permanecer un emprego que dignifique a vida das persoas.
Na nosa realidade local da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, experimentamos neste último ano de crise socio-económica progresiva, como se estar destruindo emprego, tanto direc- to como indirecto, provocando que multitude de traballadores e traballadoras, así como as súas familias, vivan situacións de risco, vulnerabilidade e, ás veces, de exclusión social.
Empresas arraigadas no noso entorno, como ENDESA, ALCOA, SIEMENS-GAMESA contribuen ao desmantelamento do tecido produtivo, non chegando a entender as verda- deiras razóns de dito feito, dado os seus rendementos e viabilidade.
Se falamos da defensa da dignidade no traballo, teríamos que centrarnos dun xeito es- pecial no mundo da muller traballadora, pois se ben é certo que na nosa sociedade de- mocrática acadráronse logros cara a igualdade e equiparación de dereitos, non é memos certo que ainda queda camiño por percorrer, pois a muller traballadora segue soportando as consecuencias da brecha de xénero, pois é acreedora sendo obxecto do desenvolvemento dos traballos máis penosos e precarios, no ámbito do comercio, a hostalaría ou o coidado das persoas dependentes, con salarios insuficientes e unha consideración social inferior. A esto habería que engadir as situacións de todas a aquelas mulleres que acu- den ao noso pais coa promesa dun traballo, pero que acaban enganadas como vítimas da rede da trata
A Encíclica “Fratelli Tutti” lémbranos que “… o gran tema é o traballo. O verdadeiramente popular – porque promove o ben do pobo – é asegurar a todos a posibilidade de facer bro- tar as sementes que Deus puxo en cada un, as súas capacidades, a súa iniciativa, as súas forzas …”.
A Doutrina Social da Igrexa (DSI) afirma que “a dignidade da persoa humana reclama un traballo digno, non só útil, porque o traballo é unha vocación de Deus”. É o traballo o que está en función da persoa e non a persoa en función do traballo.
Desde a Mesa de Traballo de Igrexa polo Traballo Decente da Diocese de Mondoñedo- Ferrol, proclamamos o noso compromiso reivindicativo:
dunha transformación social dos valores que articulan o mundo do traballo, posibilitan- do que todos e todas podan acceder a un traballo digno no desenvolvemento de políticas inclusivas e de igualdade, xeradoras de riqueza no persoal e no profesional
na defensa dos postos de traballo na nosa diocese, poñendo á persoa no centro de tódalas decisións e accións que se tomen, e non o interese económico