Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Medio Ambiente explica a unha ducia de concellos da provincia as novas directrices da paisaxe de Galicia

Begonte, 24 de marzo de 2021. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda animou hoxe aos concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Friol, Guntín, Palas de Rei, Cospeito, Castro de Rei, Vilalba e Xermade a implicarse na aplicación das Directrices da Paisaxe de Galicia, para acadar os obxectivos desta nova ferramenta de protección e conservación das paisaxes de Galicia.

Á reunión co director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, foron convocados estes doce concellos da provincia de Lugo para explicar polo miúdo o contido das primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta a Comunidade galega. Barea sinalou que están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.

O director do Instituto deu valor a este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Exit mobile version