Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concelleria de Medio Ambiente de Foz inicia a recollida selectiva de tapóns de plastico para unha mellor xestión dos residuos no Concello

Foz, 8 de marzo, 2021. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Foz continua coa promoción da recollida selectiva e a eficiencia na xestión de residuos. Ademais das campañas de compostaxe doméstica realizadas, e do inicio da compostaxe comunitaria, recentemente iniciáronse as de recollida de textiles coa instalación de contedores de roupa usada en varios puntos do Concello tanto na vila como nas parroquias e no punto limpo.

Agora iníciase a instalación de contedores para recollida de tapóns que serán posteriormente xestionados po la Asociación de pais ou tutores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (ASPNAIS). A importancia da separación adecuada e da reciclaxe é evidente neste tipo de material. A reciclaxe é tanto mais importante canto mais puro sexa o material, especialmente nos plásticos. Nos residuos do contedor amarelo (plásticos, aluminio, metais férricos… ) mestúranse e compáctanse materiais diversos que despois deben ser separados. Isto implica que un tapón no modelo actual de xestión de residuos da Xunta poda ser reciclado con menos dun 15% de probabilidade, no restante 85% dos casos rematará no vertedoiro, a incineración ou nunha illa de plástico no Pacífico. Ao recoller tapóns de xeito separado como se propón, ao resto de residuos, entrégase ao reciclador exclusivamente plástico e por riba casi todolos tapóns son de polietileno de alta densidade (2 – HDPE). Deste xeito unha mestura homoxénea do mesmo polímero recíclase para conseguir o mesmo plástico, asegurándonos así que sexa realmente reciclado. A Concellería de Medio Ambiente apoia deste xeito a proposta de Foz Plataforma de Futuro para a recollida selectiva deste material e promove un uso solidario, incidindo asemade na importancia da selección axeitada dos residuos para unha mellor xestión dos mesmos. Os puntos de recollida son nas Casas da Cultura e Xuventude, Cenima, Edificio Social e o Concello para remisión posterior a ASPNAIS Lugo.

Exit mobile version