Site icon Crónica3.com A Mariña

A base laranxa abre a inscrición para alevín, infantil, cadete e Galicia feminina

Burela, 9 de marzo, 2021. A base laranxa está de parabéns. Xunto ao Xuvenil, en División de Honra, agora tamén se poderán sumar á competición outras 4 categorías para as que o Pescados Rubén Burela FS terá a inscrición aberta entre hoxe, martes 9 de marzo, e o vindeiro luns, día 15: Alevín, Infantil e Cadete, en Liga Autonómica, ademais de Preferente Galicia Feminina.

Para formalizar a matrícula tan só deberán cubrir os datos a través da web da entidade laranxa LIGAZÓN.

Cada equipo terá un máximo de 15 licenzas. Míchel Couceiro será o adestrador de Preferente e Alevín, Mario Pillado estará á fronte do Infantil e Christian Fustes dirixirá o Cadete.

O inicio ligueiro está previsto para o 27-28 de marzo.
ALEVÍN, INFANTIL AUTONÓMICO E CADETE AUTONÓMICO (Matrícula+Cota mensual+Roupa de adestramento)
Matrícula
Abonados 15€
Socios 20€
Non socios 25€
Cota mensual
Abonados 15€
Socios 20€
Non socios 25€
Roupa de adestramento: 60 euros (1 camiseta, 1 pantalón curto, 1 sudadeira, 1 pantalón longo), xestionado directamente na tenda oficial do club, Living Sport, en Foz.
PREFERENTE GALICIA FEMININA (Roupa de adestramento)
Roupa de adestramento: 60 euros (1 camiseta, 1 pantalón curto, 1 sudadeira, 1 pantalón longo), xestionado directamente na tenda oficial do club, Living Sport, en Foz.

Exit mobile version