Burela, 10 de marzo, 2021. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” , crea o I Certame de Logotipo “Galletas Mariñas” para elaborar o logotipo do novo producto elaborado ó abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook e páxina web da entidade. O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59h para entregar os seus traballos.
Asimesmo, como o Obradoiro artesano liderado pola chef Lola Rouco, xa está en marcha, sacaranse ó mercado esta fin de semana, o primeiro lote de Caixas de Galletas Mariñas, unha edición especial para o día do pai , a un precio de 5 euros.
Os puntos de colaboración e venta das galletas dende este sábado son:
-O Lugar das Marías en Xove
-Regal Fonte Nova en Viveiro
-A Casa da Avoa en Burela
-A Campanilla en Cervo
-A Sacabeira en Sargadelos
-A Aldea de Manín en Ribadeo
Asimesmo, tamén estarán á venta no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, ata fin de existencias.
Con esta iniciativa agardamos sorprender a moitos pais, algo que redundará moi positivamente no aumento da autoestima dos participantes no Obradoiro.