Ribadeo, 24 de marzo de 2021. Acisa Ribadeo anima esta Semana Santa con grandes descontos en 50 establecementos comerciais do 26 de marzo ao 4 de abril. A campaña denomínase A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo. Con ela a asociación ribadense pretende axudar ao comercio a liquidar stock e a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo dos veciños e veciñas da comarca e do resto de Galicia.
Segundo anunciou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, “hoxe presentamos esta gran campaña de descontos especiais. Nela participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración, regalo, hai moito onde escoller…. dende o 26 de marzo o 4 de abril poderás encontrar en Ribadeo grandes ofertas e descontos, os últimos da tempada. Temos dende liquidación de stock, a fin de rebaixas, zonas outlet, 2×1, descontos do 20, 30 ata o 70 %, produtos a 5, 10, 20 … euros”.
Iriarte subliñou que “é unha das campañas con máis participación e ofertas dos últimos anos”.
Pola súa banda o xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “en Ribadeo tiñámolo claro, a falta de Semana Santa… semana de descontos. Temos que dicir que estamos moi contentos coa aceptación da campaña por parte dos comercios, xa que non son épocas de facer grandes descontos e aínda si animáronse. A moitos tamén lles servirá para dar a coñecer as novas coleccións e quizais poidan iniciar a campaña de primavera con algo mais de alegría”.
E engadiu: “ademais de estar pensada como unha campaña de descontos para os e as ribadenses isto ten que servir de reclamo para que nesta Semana Santa, que por Galicia podemos movernos, os nosos veciños e veciñas de comarca veñan mercar, os veciños de Lugo, da Coruña, hasta de Vigo, pero tamén veñan coñecer Ribadeo, saborear a boa gastronomía, gozar das nosas terrazas e da nosa hostaleira. Esta Semana Santa o teu destino é Ribadeo. Esta vila, este municipio é un lugar fantástico para pasar esta Semana Santa, somos un Centro Comercial Aberto ao aire libre que ten de todo: hoteis, grandes restaurantes, bares, un comercio diverso e referente, paisaxes, rutas, arquitectura, historia… se non es de Ribadeo e queres desconectar nun lugar tranquilo e seguro Ribadeo e o teu destino. Ademais este é un momento ideal para que os galegos e as galegas se poidan achegar tamén ata a emblemática praia das Catedrais”
Iriarte Quintana subliñou: “quero recoñecer a labor dos nosos comerciantes e hostaleiros que se están a adaptar aos continuos cambios dun xeito exemplar, onde se cumpren todas as normas hixiénico sanitarias. E do mesmo xeito que animamos a todo o mundo a vir a Ribadeo, animamos a facelo de xeito responsable, cumprindo as normas, como vimos facendo ata o de agora. Podemos facelo, podemos desfrutar destas vacacións e facelo de xeito responsable e de xeito seguro”.
Os establecementos participantes na campaña son: La Moda Sport, Merceria Torviso, Saia, Susana Moreira Confección, Bimba 13, Plateria Gutié, La Coqueta, For Friends, Pequerrechos, Ginzo Hombre – Mujer, Optica Carreira, Naná, Julia Moda Infantil, Adele, Grisi, Boutique Valentina, Boutique del Rio, Glass, Mika, Anais, Deportes Docobo, Ribamueble, Optica Miro, Peluqueria Imag_n 365, Boutique Pippol´s, Galeria Terra Branca, Electronima, Coco, Jatay, R23, FarfalaKids, La Moda Basico, La Moda Señora,, Duovision Optica, Bis a Bis, Merceria Vizcaya, Xeito Decoracion, Castillo de Pesca, Fauna, Calzados La Moda Joven, Esprit, Sanjurjo Moda, JoyeriaAzabache, SendinElectricidad, Opticalia, Beep, Xardineo, Bora Bora, Folder e Pepa Peineta.