Viveiro, 22 de marzo, 2021. A pasada fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campeonato Galego de Veteráns de Fondo de Pista Cuberta, aínda que por motivos do covid, realizouse en pistas ó aire libre. A Federación Galega tras un ano de ter as competicións de veteráns practicamente suspendidas debido á pandemia, está a organizar algún campeonato baixo estrictas restrincións, o que fai que moitos atletas non se atrevan a participar nas probas polo momento, por temor a contaxios.
Do club Egovarros, participaron 3 atletas destacando sobre todo o bon facer de Domingo Álvarez, en categoría M65, que se proclamou campeón galego nas probas de 400m, 800m e 1500m, a súa compañeira Begoña de Arriba, tamén na categoría de W65, fíxose coa medalla de ouro na proba de 1500m, e Jose Ángel López acadou o séptimo posto na proba dos 3000 metros lisos.