Viveiro, 16 de marzo, 2021. Este 2021 celébranse os 25 anos do irmandamento ou amizade co pobo xudeu en Viveiro, simbolizada en 1996 coplantado de dúas oliveiras nas instalacións do Casino Club Náutico.
O asentamento ou presenza xudía en Viveiro é signifcativa como
a de Ribadavia, Coruña, Betanzos ou Monforte. Créase o Calexón do
Muro como unha antiga xudería, ou se fala sobre a posible orixe
da familia Viveiro. Algúns dos veciños viaxaron a Terra
Santa como Constanza de Castro, ou na actualidade realizan
traballos técnicos alí. Ademais Galicia ten relacións comerciais
frutíferas con Israel.
Como sucedese coa Habana ou Lannion, o pobo de Viveiro puxo
en marcha unha política de diplomacia internacional, das súas
relacións ou lazos históricos. 25 anos despois retoma os seus leitos cos amigos de Israel a través dunha colaboración coa Embaixada
de Israel en España, Concello de Viveiro e a Cámara Multilateral de Comercio e Cooperación Israel-Iberoamérica.
O vindeiro xoves 18 de Marzo ás 17:30 h levarase a cabo un acto
simbólico e sinxelo na sala multiusos de consistorio municipal. Neste evento falarase de novo sobre as vinculacións entre ambos, como guinda cunha insignia recordatorio, abrindo a porta da amizade e futuras alianzas a nivel comercial ou turísco.