Site icon Crónica3.com A Mariña

1000€ en xogo na campaña do Día do Pai da Acia Foz-CCA

Foz, 16 de marzo de 2021. O 24 de marzo terá lugar o sorteo dos 1.000 euros en premios que pon en xogo AciaFozCCA na súa campaña do Día do Pai, que deu comezo o 5 deste mes e rematará o día 19.

As persoas que realicen estes días as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA que participan nesta cita, entrarán no sorteo de 20 vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.

AciaFozCCA continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé.

O sorteo dos 1.000 euros en premios realizarase a través de Radio Foz o 24 de marzo.

Colaboran con esta campaña Concello de Foz, Impulsa Foz e Xunta de Galicia.

Exit mobile version