Site icon Crónica3.com A Mariña

Yorel Ladra, do IES Perdouro, acada o 2º Premio Xosé Trapero Pardo

Burela, 21 de febreiro, 2021. Os vínculos do xornalista e escritor Xosé Trapero Pardo coa Mariña continúan fortalecéndose, neste caso a través do certame literario organizado polo Concello de Lugo para tributar homenaxe ao membro da Real Academia Galega que mantiña unha estreita relación con Antonio Noriega Varela e Álvaro Cunqueiro. Na resolución da edición correspondente ao ano 2020, dada a coñecer estes días pasados, figura no cadro de honor co segundo premio o estudante do IES Perdouro Yorel Ladra Ballesteros, que participaba dentro da categoría de entre 15 e 18 anos.

O relato deste estudante de 3º de ESO no IES Perdouro está ambientado en Burela e recolle a importancia do apoio familiar para superar un caso de fracaso escolar protagonizado por un rapaz que non consegue adaptarse ao cambio entre os sistemas dun colexio e dun instituto.
Con este premio, Yorel Ladra únese ao nutrido grupo de mariñáns que teñen conseguido este galardón, como é o caso de David Canto Veiga, Tania Menéndez García, Nuno García Pico ou Elena Valle.

Exit mobile version