Ambas as escuadras regresaban á competición ligueira tras tres xornadas de aprazamentos, estreando por fin a segunda volta do Grupo B nesta xornada 13. O Pescados Rubén Burela FS expuxo un encontro diferente, dando un pouco de protagonismo ao rival, cunha defensa en media pista; as de Julio Delgado dispuxeron das ocasións, pero a precipitación impediu que chegasen ao descanso con vantaxe.
A finalización que non atoparon as galegas na primeira parte, obtívoa a UA a través de Miriam nun saque de falta, no minuto 29. Foi entón cando o Pescados Rubén conseguiu o equilibrio perfecto entre a súa sempiterna insistencia e a paciencia para aliarse co acerto goleador. Así, no 33, Ale de Paz, en parede, empatou para dar paso ás dianas de Elena Aragón, ao segundo pau, e Peque, tamén en parede. Con dous minutos para o final, as mariñás tamén souberon responder fronte á aposta de porteira xogadora das locais.
Ficha técnica
Universidad de Alicante FS: Elena, Paula, Mª. Ángeles, Lara, Elenita, cinco inicial; tamén xogaron Raquel, Ana, Sara, Miriam, Mónica, Ana Romero, Bianca
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Elena Aragón, Lara Balseiro, Jozi Oliveira
Goles: 1-0, minuto 29, Miriam;1-1, minuto 33, Ale de Paz; 1-2, minuto 38, Elena Aragón; 1-3, minuto 38, Peque
Árbitros: Lidia Guillem // Carlos Rabadán.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira División Feminina disputado no pavillón Universidad de Alicante.