En menos de 30 segundos, a omnipresente garra de Dany outorgoulles a vantaxe de 0-2 ás mariñás. A 3 laranxa fixo honra ao seu dorsal e precisamente nese minuto estivo moi atenta para estrear o luminoso nun pase que se lle quedou curto a Titina; volveu facer acto de presenza inmediatamente en recuperación para subir o segundo, tocando en Sarah en última instancia. Fronte ás galegas, o Intersala, con moitas ganas, non conseguiu xerar apenas perigo sobre a rede de Sandra Buzón. A cántabra tan só tivo que intervir nun par de ocasións, coa máis clara protagonizada por Sarah no minuto 16, nun potente disparo afastado; Vicepi tamén o tentou. Elena e Dany foron as máis incisivas antes do ecuador, nun par de chegadas moi envelenadas para ambas.
Perseguírono Peque, Lara Balseiro e Bea Mateos, pero o 0-3 resistiuse ata o 29, cando Ale de Paz tivo o punto de serenidade exacto recibindo e tenteando a defensa para o cambio de perna e así sentenciar. A punto estivo de repetirse o guión da primeira parte; en poucos segundos Izarbe tivo que aplicarse a fondo baixo paus para evitar o cuarto, que non puido subir ao electrónico a pesar do continuo asedio e insistencia das burelistas fronte a un rival que pelexou ata a bucina final.
Ficha técnica
Bodegas Sommos Intersala FS: Carol, Cyn Romano, Titina, Sarah, Vicepi, cinco inicial; tamén xogaron Sandra, Marta, Icíar, Nerea, Alba, Paula, Izarbe
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami, Elena Aragón, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jane, Bea Mateos, Ale de Paz, Jozi Oliveira
Goles: 0-1, minuto 3, Dany; 0-2, minuto 4, Dany ( p. p. Sarah); 0-3, minuto 29, Ale de Paz
Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique (Colexio Aragonés). Por Burela amarela para Peque (minuto 11)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División Feminina disputado no CDM La Granja de Zaragoza.