Ribadeo, 24 de febreiro, 2021. Unha persoa foi localizada sen vida baixo un tractor, que operaba nunha leira situada en Cima de Vila, Ribadeo.
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 19:30 horas de onte mediante a chamada de alerta dun veciño, que atopou á persoa atrapada debaixo do vehículo agrícola.
Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, aínda que xa sen constantes vitais.
Ademais, neste operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local e Garda Civil, co fin de coñecer todos os datos relacionados con este suceso.