En el Pleno municipal del día 2 de febrero de 2021 el PP por medio de su portavoz, Óscar Rodríguez, solicitó la mejora del pavimento de la plaza Pastor Díaz (Plaza Mayor), el estudio técnico de la iluminación y la dotación económica en el presupuesto del actual ejercicio.
Ningún partido de la Corporación Municipal apoyó la moción. El BNG y Por Viveiro se abstuvieron, mientras que el concejal no adscrito Luis García y el PSOE votaron en contra por entender que a día de hoy no es una obra prioritaria.
Dos días más tarde el propio Óscar Rodríguez realiza unas declaraciones tanto en El Progreso como en La Voz de Galicia en los que presenta el desacuerdo colectivo como una incapacidad del equipo de gobierno para aceptar propuestas del PP aunque sean buenas para los vecinos.
Para que cada uno pueda sacar conclusiones paso a transcribir la respuesta que di en representación del gobierno del PSOE a la moción presentada por el PP en el citado Pleno.
“Non é frecuente que a oposición empatice co equipo de goberno ante os problemas que se lle plantexan a diario. Así, non resulta extraño escoitar no pleno municipal a unha parte dela reclamar a rebaixa da débeda do concello e ao seguinte, nun exercicio de incongruencia, solicitar obras que supoñen un importante desembolso económico.
Dende o ano 2003 invertíronse millóns de euros na reposición das vellas e deterioradas canalizacións subterráneas de auga e alcantarillado e a posterior pavimentación de numerosas rúas e beirarrúas, tanto do casco histórico como doutros lugares do concello.
Sería moi gratificante poder acometer cada un dos proxectos pendentes, pero os condicionamentos económicos non o permiten. Nesta situación vémonos obrigados a priorizar en función das necesidades. Tampouco se pode obviar que estamos atravesando unha grave crise sanitaria e económica na que o urxente é contribuír ao rescate social.
Sen esquecer as achegas que temos que facer tanto para a rehabilitación do barrio de Xunqueira como para a restauración do antigo colexio de Celeiro, adquirimos o compromiso ante os veciños de levar a cabo nesta lexislatura a reparación do acceso á igrexa de Covas, a reparación da rúa Arribada, a reparación do acceso aos Espiñeiros, a primeira fase da reparación das beirarrúas entre Xunqueira e Magazos, a reparación da Avda de Vilalba e a primeira fase do Paraíso.
Aínda que o empedrado de parte da praza Pastor Díaz que vostedes solicitan é un dos proxectos pendentes, este equipo de goberno polo exposto nin pode nin vai a adquirir o compromiso de dotar de partida económica no vindeiro orzamento a execución do devandito proxecto.”
Jesús Fernández Cal
Concelleiro de Obras do Concello de Viveiro