Viveiro, 20 de febreiro, 2021. Xa pasaron 20 anos dende que o goberno central tomou a decisión de que o trazado da autovía A8, denominada transcantabrica, o chegar a Espiñeira (Barreiros), deixase a rasa costeira e collese dirección Vilalba, previo paso polos concellos de Lourenzá, Mondoñedo (incluíndo neste concello o paso polo alto do Fiouco) e Abadín.
Para compensar este agravio o resto de concellos da Mariña, zona Central e Occidental, o estado comprometeuse a proxectar e construír unha autovía entre Barreiros e San Cibrao, inicialmente denominábase A-82 e posteriormente e coñecida como A-74 ou autovía da Mariña. Esta autovía de unha lonxitude total de 33.5 kilómetros, divídese en tres tramos:
1. Barreiros-Foz de 11.1 kilómetros.
2. Foz-Burela de 9.1 kilómetros.
3. Burela-San Cibrao de 13.3 kilómetros.
Poderiamos pensar que 20 anos serían tempo dabondo para que a A-74 estivera rematada e que se puidera circular por todo o seu trazado, porén 20 anos despois a obra no está rematada, nin empezada, nin licitada, nin os proxectos dos tramos 2 e 3 rematados.
No ano 2020 a pandemia da Covid-19 ademais de importantes danos para a saúde das persoas, ocasionou unha forte crise económica en todo o estado, crise que na Mariña se vive con especial preocupación debido o incerto futuro do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.
Para a reactivación económica, prevista no seu comenzo para o segundo semestre do ano 2021 e que non rematará antes do ano 2023, e para que a Mariña non quede relegada unha vez mais, vai ser fundamental dispor de infraestruturas por estrada de primeiro nivel, sendo a autovía A-74 un dos eixes fundamentais para a reactivación do sector servizos, para o afianzamento de sectores produtivos básicos como son o pesqueiro e o forestal, e sirva como incentivo para a implantación na Mariña de pequenas e medianas empresas.
Recentemente o goberno central procedeu a aprobación dos orzamentos do estado para o ano 2021, unha vez mais a Mariña foi esquecida e a autovía A-74 solo conta cunha asignación de 400000 euros para continuar a redacción dos proxectos.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Instar o goberno central a activación da construcción da autovía A-74, esta activación deberá pasar pola licitación no ano 2021 das obras do tramo Barreiros-Foz, e tamén polo remate no ano 2021 dos proxectos pendentes, tramo Foz-Burela e tramo Burela-San Cibrao, e poder licitalos no primeiro trimestre do ano 2022.
2. Enviar este acordo a Mancomunidade de concellos da Mariña, para que valoren solicitar o goberno central o cumprimento do punto 1.