Riotorto, 9 de febreiro de 2021. O Grupo Socialista de Riotorto rexeitou a proposta do PP sobre a ordenanza de actividades forestais, que establece unha taxa de 0.60 euros por tonelada de madeira extraída. O Voceiro Socialista, José García lembrou ademais que tanto ás asociacións de veciños de Santa Comba de Órrea de Riotorto, e os do Monte Candedo de Pastoriza presentaron alegacións a esta ordenanza, que foron rexeitadas polo PP.
“Os únicos prexudicados por estas taxas que impón o Concello de Riotorto son as veciñas e veciños así como os pequenos propietarios dos montes da nosa Comarca e da nosa vila, eles son os que ao final van acabar pagando esa taxas xa que as empresa da madeira van facelas repercutir no prezo da madeira”, advertiu o socialista. Segundo as estimacións as perdas para os propietarios e propietarias serán duns 300 euros por hectárea, pero o equipo de goberno do PP pretende recadar 36.000 euros.
García defendeu unha iniciativa socialista, nesta mesma sesión plenaria, para reclamar modificar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) para reducilo dende o 0,65% actual a un 0,45%, “permitindo así aliviar a carga financeira dos nosos veciños no complicado contexto socioeconómico actual no que nos atopamos. “Pero unha vez máis atopámonos coa intransixencia do PP, que rexeitou esta proposta, alegando que segundo as súas estimación deixarían de ingresar 60.000 euros para as arcas municipais por este concepto, pero que pola contra aforrarían as nosas veciñas e os nosos veciños”, advirte García.
Así as cousas o Voceiro Socialista remarcou “que o Alcalde cobra nestes intres preto de 51.000 euros do erario público municipal, incluíndo dietas, salario e os gastos á seguridade social, por iso non nós estraña que rexeiten esta proposta, porque ao mellor non chega o orzamento para tanto soldo”, espetou García.
Arranxo da pista dende Mundín ata San Pedro
O mesmo ocorreu con outra moción socialista para reclamar ao Concello “incluír no Plan Único da Deputación 2021 o arranxo da pista que vai dende Mundín ata San Pedro. Para o PP non é prioritario arranxar esta vía que da acceso a un cemiterio parroquial”, lamentou.