Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras da Praza da Música

Ribadeo, 22 de febreiro de 2021. Os Socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras de reparación na Praza da Música, pola que foi condenado a reparar así como os danos ocasionados nos garaxes dalgúns edificios lindeiros debido as filtracións de auga.
Segundo puidemos constatar, na notificación da execución da sentencia, o Concello de Ribadeo ten de prazo ata a finais de febreiro para arranxar esta Praza, “pero a día de hoxe alí non se moveu nin unha soa pedra”.

Dende a Agrupación Socialista de Ribadeo lembran que a sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, descarta a posibilidade dunha incorrecta execución da obra da Praza pois, desde que foi recibida polo Concello no ano 2000, non se presentou ningunha obxección.
“Foron os propios afectados e propietarios os que nos alertaron desta situación de desamparo, na que o Concello aínda non realizou ningún arranxo neste espazo. Ademais, tal e como consta na notificación, si o Concello non executa as obras nos prazos previstos poderá ser sancionado con multas, sen prexuicio das responsabilidades patrimoniais que houbera. Por iso preguntámonos a que espera o Alcalde para executar esta obra?”.

Exit mobile version