Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas apoian as reivindicacións da asociación de distribuidores de hostalaría e alimentación da provincia

Lugo, 5 de febreiro de 2021. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero apoia as reivindicacións da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación da provincia de Lugo (Adislugo). Otero dixo, “que o PsdeG da provincia de Lugo comparte as reivindicacións deste colectivo, que anunciou mobilizacións para o vindeiro luns na nosa provincia,” coas que reclaman a necesidade urxente que teñen as nosas empresas e os nosos traballadores e familias de recibir axudas directas.

A dirixente socialista lembra que o sector da distribución da hostalería e da alimentación é un colectivo moi importante, que xera milleiros de empregos en toda a provincia de Lugo. “Non entendemos como estas empresas e estes traballadores non reciben ningún tipo de axuda directa por parte do Goberno de Feijóo, xa que non poden optar a elas. Por unha banda os bares e restaurantes están pechados e polo tanto non teñen clientes a quen servir e distribuír a súa mercancía e os seus produtos, e por outro, sofren o abandono inxusto do PP diante desta pandemia”, denunciou.

É necesario un gran pacto
Nesa liña lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista mantivo diversas xuntanzas con este sector para o que reclama “un gran pacto en defensa da hostalería e o turismo dotado cos fondos necesarios e con medidas que sexan un salvavidas para o sector”. Ademais sinala que dende a Deputación de Lugo tamén se aprobaron propostas neste sentido, coas que reclaman á Xunta que destine 220 millóns de euros, que xa recibiu do Estado, para investir nos sectores máis afectados polas restricións como son a hostalería ou o comercio.

Exit mobile version