Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente, satisfeito polo fin do “calvario e a persecución a Besteiro e Orozco”, aínda que “o dano feito é irreparable”

Lugo, 4 de febreiro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expresou a súa satisfacción e ledicia polo arquivo do caso Garañón xa que, “por fin, remata o calvario e a persecución á que se viron sometidos durante tanto tempo José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco. As acusacións xamais deberon producirse, algo que tiña claro, pero que ratificou con contundencia a Audiencia Provincial”.
“Sempre tiven unha confianza total na inocencia e no bo facer destes compañeiros”, subliñou José Tomé, quen onte mesmo se puxo en contacto con quen foi mandatario provincial e Secretario Xeral do PSdeG e co ex Alcalde de Lugo para trasladarlle unha mensaxe “de afecto, de apoio e de consideración”.
O Presidente da Deputación recalcou que “afortunadamente a xustiza, aínda que tarde, corrixiu os seus propios erros, que nunca deberon ter ocorrido, pero, por desgraza, o gravísimo dano persoal e político que lles foi ocasionado durante tanto tempo é irreparable”.

Exit mobile version