Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicitará no próximo pleno de Trabada a redución do tipo de gravame do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras

Trabada, a 17 de febreiro de 2021. O grupo municipal do PP de Trabada solicitará no pleno correspondente ao mes de marzo que o Concello rebaixe o tipo de gravame do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.

Os populares recordan que o Real Decreto Lexislativo 2/2004 estipula que o tipo de gravame deste imposto será o fixado por cada concello, sen que o mesmo poda exceder do 4%. “En Trabada o tipo de gravame atópase no 4%, é dicir, no máximo establecido sendo, por outra parte, un dos concellos da provincia onde máis elevado está e a lexislación outórgalle a competencia aos concellos para rebaixalo”, manifesta o voceiro popular, José María Fernández Vázquez”.

Desde o grupo municipal do PP de Trabada recoñecemos que “o tipo de gravame do 4% foi fixado polo anterior goberno municipal o cal foi motivado polo Plan Eólico e así, coa posta en marcha destas infraestruturas, repercutir favorablemente nas arcas municipais para poder prestar mellores servizos públicos aos veciños e veciñas de Trabada”. “As circunstancias mudaron e cremos que é o momento preciso de dar o paso de rebaixar este tipo de gravame o cal nos parece abusivo para os particulares que desexen ou necesiten facer as correspondentes construcións, instalacións ou obras” explica o voceiro do PP trabadense.

Exit mobile version