E segue, “de ser certa esta información o que quedaría demostrado, unha vez máis, é que as verbas pronunciadas pola concelleira socialista delegada desta área, Carmela López, no último pleno, non se corresponden coa realidade dos feitos”.
Álvarez é clara: “López di que se preocupa moito polas traballadoras desta prestación pero o certo é que o histórico é claro, os socialistas estiveron prestando este servizo co contrato vencido durante máis de dous anos, agora sácano a concurso cun custe por hora un 20% por riba doutros concellos da nosa contorna co gallo de que case todo se vai en salarios, coma se no resto de concellos non se lles fora pagar ás traballadoras un salario digno”. “Pero non só iso”, continua a popular, “tiveron ás traballadoras do SAF, dependentes do concello, sen actualizarlles a suba aprobada por lei a principios do ano pasado durante case que 8 meses e agora atrévense a falar da dignidade salarial”.
Álvarez destaca que “para que as traballadoras do SAF podan cobrar un salario digno, o primeiro que hai que facer é aboar en tempo e forma as facturas presentadas pola empresa concesionaria do mesmo, e non amontoalas nun caixón como parece que sucedeu a finais do ano 2019 no que se lle chegaron a deber ata tres facturacións á empresa que ata o de agora está a prestar o servizo”.
“Polo que se ve, é moi fácil para os socialistas falar perante os medios e nas sesións plenarias, pero os actos do goberno socialista local contradín as verbas que pronuncian”, conclúe a concelleira dos populares.