O concelleiro popular Juan Rivas sinala: “Creemos que as improvisacións do alcalde, aparte de non ser boas, poden ser moi contraproducentes e incluso incumprir, de xeito nada exemplarizante, as medidas de restrición impostas ata o 17 de xaneiro. Dicimos isto porque é publico que o alcalde convocou unha reunión presencial no Concello, onde coincidiron no mesmo espazo como mínimo 8 persoas (5 hostaleiros, o presidente da ACIA, o alcalde e o fotógrafo) cun fin meramente político e propagandístico. O señor alcalde está tan desbordado que despois de causar os incendios, improvisa e pretende apagalos á presa aínda que sexa con gasolina, dándolle o mesmo saltarse as medidas sanitarias establecidas neste momento crítico da terceira vaga”. Engade: “Pedimos ao alcalde que dea explicacións dos feitos, que pida perdón a todos aos convocados e a todas as persoas que si están cumprindo as normas nestes días de restricións e aproveitamos para felicitar ao pobo de Foz, que tanto no Nadal como estes días demostrou cumprir co establecido polas autoridades e sigue cun nivel moi aceptable de incidencia”.
Rivas declara: “Os representantes públicos estamos para dar exemplo, e non para saltarnos as normas por intereses políticos. Interesaba unha foto cos hostaleiros “cabreados” e tiña que facerse si ou si; non valía telemática. Nós non estamos en contra da reunión, ao contrario -tiña que haber máis xente-, porque faltaban os representantes do resto de grupos da corporación, pero debeu facerse de forma telemática”.
O mesmo concelleiro popular entende que “convócanse hai unha semana as comisións e o pleno de forma telemática para cumprir coa lei e no día de onte o alcalde reúne a oito persoas presencialmente e quédase tan pancho, cando a xente non pode nin ir ver aos seus familiares”. Engade: “Sabemos que os hostaleiros foron convocados de forma individual, non sabían a xente que ía participar e que se viron sorprendidos pola situación creada polo alcalde, obsesionado con sacar a foto con eles e co presidente dos comerciantes focenses”.
Rivas indica: “E mentres, o BNG que fai? Nada. Segundo eles isto é cousa do alcalde que apenas os ten informado, algo que denota unha pésima relación nun equipo de goberno cada vez máis bipartito”.