E todo elo, a sabendas de que o Goberno galego concedeu máis de 4.000 horas máis para esta prestación, co seu consecuente desembolso económico. “O Sr. Llano conxelou o gasto que figuraba no Plan Único para esta fin, deixándoo nuns 40.000 euros, cando vai haber un 12 % máis de horas destinadas aos fogares de Burela que o precisen, poñendo de manifesto unha forma de proceder totalmente incomprensible”, manifestan.
A este respecto, afirman: “É moi fácil manter un servizo cando os fondos os pon outra administración. A escusa que poñen parece ser que é que o goberno do Sr. Llano non ten cartos para asumir este servizo. Neste sentido temos que lembrarlle que ao mellor había algún fondo máis para destinar ao SAF se o ano pasado non adxudicaran o servizo de recollida do lixo máis caro da historia, cun desembolso anual extra de máis de 156.000 euros ao ano”.
Outra forma de asumir o custe deste importantísimo servizo sería se, este ano, sacaran a concurso o mesmo por unha contía inferior, tal e como si fixeron noutros Concellos da zona, como por exemplo Vilalba, que o sacou a concurso por un custe por hora un 20% inferior. Dende o PP de Burela entenden que por este prezo o Concello socialista de Vilalba tamén tentará dar un servizo de calidade aboando aos profesionais do sector un salario digno.
Os populares fan fincapé nisto último porque parece ser a escusa que poñen dende o goberno e Llano para sacar a concurso un prezo por hora que agora son incapaces de asumir. “Preguntámonos se neste caso será verdade ese dito popular de que socialismo e despilfarro van collidos da man”, indican.
Obras que benefician ao alcalde
No referente ás obras que figuran no Plan Único, denuncian que o alcalde comece a arranxar as beirarrúas de Burela –“non era sen tempo”-, pola Nosa Señora do Carme, casualmente a rúa na que reside.
“Esperemos que agora si, os múltiples accidentes que se teñen dado entre os peóns polo mal estado en que este goberno local do Sr. Llano ten as beirarrúas de Burela, diminúan”, afirman.
Os autónomos e a covid, non contan para o PSOE
Noutra orde de cousas, o que tamén quedou claro neste pasado pleno é que o PSOE non ten ningún interese en axudarlle aos autónomos de Burela, xa que dende setembro que anunciou as “paupérrimas” axudas que lles ía prestar (apenas 50.000 euros), aínda non foi quen de repartilas entre os, xa máis que enfadados, membros do tecido económico e empresarial local, tal e como demostran nunha nota publicada estes días nos medios de comunicación.
“Neste sentido o Sr. Llano votou balóns fora, culpando aos funcionarios que as tramitan e ás normas que el mesmo aprobou”, critican.
Do mesmo xeito demostrouse que, para o alcalde Llano, a covid é cousa do pasado e non ten importancia xa que diminuíu a partida, que para esta fin se destinaba no Plan Único, entorno a un 20%, o que supoñen uns 15.000 euros menos para esta cuestión.