Os populares trasladan esta petición porque a demanda desta prestación é reiterada polos fonsagradinos. Ademais, existe un acordo plenario de setembro de 2019 de crear este Grupo de Emerxencias, pero que, “a día de hoxe, aínda non se cumpriu”. É, por este motivo, e dada a necesidade de que A Fonsagrada conte cun GES, que os populares volven a insistir neste asunto.
Postura “construtiva”
A postura do Grupo Municipal do PP en materia de emerxencias “sempre foi construtiva”. “Presentamos varias preguntas e rogos nos últimos meses. Incluso, engade Regueiro, no pleno de xaneiro ata votamos a favor da proposta e estudar a posible creación dun mini parque de bombeiros para A Fonsagrada e a súa comarca”. Diferente é a actitude e a xestión dos socialistas nesta materia. Proba delo é que, nesa mesma sesión, Regueiro instou ao executivo a iniciar os trámites e negociacións para volver a contar con este servizo e o rexedor declinou facelo.
“Os socialistas teñen que emendar a desfeita que fixeron”
Con todo, o voceiro do PP salienta que os socialistas aínda están a tempo de rectificar solicitando “e tocando á porta de que faga falla” para crear novamente o GES na Fonsagrada. Así, conclúe, “poderían emendar a desfeita que fixeron, despedindo a 12 traballadores con medios do Concello e, polo tanto, de tódolos veciños”.
“Todos lembramos aquel triste e lamentable episodio no que estes traballadores foron enviados ao paro, deixándonos aos veciños sen este servizo. Pero iso xa está e na Fonsagrada todos sabemos que foi o PSOE o autor de tal decisión. Agora toca mirar cara adiante e intentar traballar para paliar a inseguridade na que nos deixaron. E iso pasa, apunta, porque o Concelle solicite a súa creación”.