Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que Cajoto rectifica pola súa presión e a dos hostaleiros

 Foz, a 3 de febreiro de 2021. O alcalde de Foz funciona a golpe de impulsos, fai dous días enfrontábase aos hostaleiros aos que porfiaba, e hoxe cambia de parecer despois de escoitar que o Partido Popular presentaría unha moción de urxencia cun plan de reactivación municipal.
Pedímoslle ao Sr Cajoto que se deixe de tanta propaganda 2.0 e sexa máis dilixente e formal cos que pagan impostos e faga un plan serio e consensuado co Coporación Municipal.

Non sabemos aínda porqué enganou o ano pasado coas taxas de ocupación aos hostaleiros que se viron obrigados a denunciar as súas metiras públicamente, non é de recibo anunciar que vai eliminar as taxas de terrazas das semanas de ceirre obrigado porque xa non se iban ocupar.
Esta sucesión de improvisacións deixa moitas preguntas no aire, ¿porque non fixo estas medidas antes?, ¿Porque mantén fora destes acordos ao resto de grupos da corporación incluído os seus socios de goberno do Bng?

A xestión da crise de Cajoto é individualista e encerrada na súa propia sin previsión nin traballo en equipo, obsesionado co Partido Popular e tremendamente liado en apagar lumes que él mesmo crea.

Anunciamos que manteremos a moción de urxencia e que pediremos maior compromiso do concello para axudar a sair da crise ao noso tecido productivo.

Exit mobile version