Viveiro, 15 de febreiro, 2021. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, mantén abertas as súas axudas FEMP ata o 1 de marzo de 2021- ÚLTIMA CONVOCATORIA- unha gran oportunidade para todos aqueles emprendedores que desexen promover algún proxecto relacionado co mar. As posibles liñas de actuación do teu proxecto son:
Mellora da competitividade do sector pesqueiro
Creación de emprego e diversificación da economía das zonas pesqueiras
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras
Reforzo das comunidades na gobernaza
Fomento da cooperación
Infómación en: Rúa Misericordia, nº35 Baixo -27850 Viveiro (Lugo)- Tlf: 982563355 / 604034748 ou na web do GALP: https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal