Xove, 8 de febreiro, 2021. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.
Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, hai cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios.
Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Dende o Concello, o que se pretende con este Concurso é potenciar a participación e a creatividade dos rapaces.
Normalmente os traballos que participaban neste concurso recollíanse na Biblioteca Municipal e cos mesmos facíase unha exposición. Dado que nestes intres a Biblioteca Municipal, por causa do Covid-19, está pechada, os traballos que participen no concurso hai que entregalos no Departamento de Cultura, concretamente no despacho do técnico municipal de cultura na 5ª planta do Concello, en horario de oficina, de 7:45 a 15:15 horas. O prazo remata o xoves 25 de febreiro.