Este avance nos datos deriva do aumento das altas e o descenso dos contaxios. O cumprimento das medidas e restricións provoca unha menor incidencia do virus no municipio.
O Concello de Viveiro agradece o comportamento dos veciños e veciñas e está a espera das decisións que tome o Consello Asesor Médico da Xunta de Galciia.
Co obxectivo de continuar nesta tendencia de descenso dos casos, dende o goberno municipal solicítase moita precaución e continuar co cumprimento das medidas e limitacións impostas. É fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación.