Viveiro, 15 de febreiro de 2021. O Concello de Viveiro informa de que a día de hoxe hai un total de 30 casos activos por COVID-19 no municipio. Esta cifra supón unha importante melloría da situación epidemiolóxica en Viveiro e contrasta cos 73 casos do pasado día 9 e os 113 do pasado día 2.
Este avance nos datos deriva do aumento das altas e o descenso dos contaxios. O cumprimento das medidas e restricións provoca unha menor incidencia do virus no municipio.
O Concello de Viveiro agradece o comportamento dos veciños e veciñas e está a espera das decisións que tome o Consello Asesor Médico da Xunta de Galciia.
Co obxectivo de continuar nesta tendencia de descenso dos casos, dende o goberno municipal solicítase moita precaución e continuar co cumprimento das medidas e limitacións impostas. É fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación.