Este avance nos datos de doentes por COVID-19 débese a que, por unha banda, continúan a producirse altas no municipio, e por outra banda, o número de casos positivos detectados cada día segue descendendo. Estes indicadores están a provocar unha menor incidencia do virus no municipio.
Co obxectivo de continuar nesta tendencia de descenso dos casos, dende o goberno municipal piden extremar as precaucións e cumprir estritamente as medidas e limitacións impostas. O Concello de Viveiro incide ademáis en que é fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación.