Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro iluminará de cor verde esta noite e mañá a porta de Carlos V polo Día internacional da loita contra o cancro, expresando desta maneira o seu apoio ás persoas que teñen esta enfermidade e as súas familias

En concreto, este xoves celébrase o Día internacional da loita contra o cancro e Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española contra el Cáncer (AECC), co obxectivo de conseguir que todos os concellos da provincia se iluminen de cor verde como mostra de apoio ás persoas diagnosticadas con esta enfermidade.

Exit mobile version