En concreto, este xoves celébrase o Día internacional da loita contra o cancro e Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española contra el Cáncer (AECC), co obxectivo de conseguir que todos os concellos da provincia se iluminen de cor verde como mostra de apoio ás persoas diagnosticadas con esta enfermidade.