Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro destinará 200.000 euros do Plan Único da Deputación ao Servizo de Axuda no Fogar

Viveiro, 19 de febreiro de 2021. O Concello de Viveiro destinará este ano unha partida de 200.000 euros do Plan Único 2021 da Deputación de Lugo ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal.

“As políticas sociais son unha prioridade para o noso goberno e o obxectivo do Servizo de Axuda no Fogar é promover unha mellor calidade de vida das persoas maiores ou dependentes, potenciando a súa autonomía e unhas condicións axeitadas de convivencia no seu propio contorno familiar e socio comunitario”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

No ano 2019 prestouse este servizo a través da modalidade de libre concorrencia a 118 usuarios, realizando un total de 22.531,80 horas anuais. No ano 2020 o número de usuarios aumentou a 124 e as horas anuais prestadas a 23.570,7.

O Concello de Viveiro continuará prestando este servizo, que considera fundamental, a todas aquelas persoas maiores ou dependentes que precisan deste tipo de atencións.

Exit mobile version